Autor
Anxo Angueira Viturro, Fundación Rosalía
angueira@uvigo.gal
Resumo
O artigo dá a coñecer unha carta inédita de Rosalía de Castro dirixida a José Villaamil que se sitúa por volta de 1865 en Compostela. Ademais das cuestións asociadas ás relacións epistolares da nosa autora, a carta lévanos a indagar de novo nas relacións entre Rosalía, o teatro e o Liceo de la Juventud e a reparar no teatro da Compostela de mediados da década de 1860.