Patrocinios

A revista Follas Novas –tanto a versión impresa como a electrónica– ten un alto custo, especialmente no caso da publicación en papel. A Fundación Rosalía pode acometer dito gasto grazas á publicidade corporativa que imos obtendo desde  a propia publicación. O noso obxectivo é conseguir a axuda dun único patrocinador para cada un dos números.

Follas Novas -1 publicouse grazas ao patrocinio do Concello de Rianxo. Outro municipio da Terra de Iria, o Concello de Padrón, garantíu a edición do número seguinte.

Se es representante dunha empresa ou institución e cres que a túa entidade pode estar interesada en “apadriñar” novas entregas da nosa revista, non dubides en comunicárnolo por medio do formulario de máis abaixo. Poñerémonos en contacto con vós o antes posible.