Resumo
O traballo pon de relevo a importancia de José Villaamil y Castro na historia contemporánea de Galicia. Documenta a súa vida, a súa formación e a súa traxectoria, pondo de relevo as súas achegas no ámbito da arte moble e inmoble de Galicia. Sublíñase o carácter científico do seu método e o seu empeño na conservación do patrimonio artístico. Finalmente explícase a relación colaborativa de José Villaamil y Castro con Murguía.