Autor
Xosé A. Fraga Vázquez, Académico correspondente Real Academia Galega
xacfraga@gmail.com
Resumo
O artigo valora o epistolario de Ramón Rúa-Figueroa Fraga a Manuel Martínez Murguía, 89 cartas enviadas entre agosto de 1866 e xuño de 1873. Ese número converte a Rúa-Figueroa no principal interlocutor epistolar de Murguía nun período histórico ben relevante. A correspondencia amosa unha relación de bastante confianza e permite acceder a interesantes elementos biográficos e proxectos dos protagonistas.