Rosalía de Castro e as escritoras angloamericanas do seu tempo en La hija del mar

Descarga PDF (Tamaño 1 MB)

Autor

María Jesús Lorenzo Modia, Universidade da Coruña (Grupo de Investigación CLIN)
mlorenzomodia@udc.es

Resumo

O presente traballo analiza a recepción por parte de Rosalía de Castro de escritoras europeas e americanas dos séculos XVIII e XIX coas que compartiu preocupacións de autoría, de xénero, temáticas e literarias. Prestarase especial atención ás referencias intertextuais de escritoras mencionadas pola propia Rosalía nos seus escritos, en particular á inglesa Charlotte Turner Smith e á norteamericana Maria Susanna Cummins e á identificación de Rosalía con elas e coas súas carreiras literarias. A análise permite afirmar que nas súas obras propuxeron cuestións relativas ás mulleres, á súa orfandade e ás súas capacidades, ben como ao feito de que as habelencias femininas son truncadas pola sociedade circundante, en particular, se teñen vocación de as desenvolveren en igualdade cos varóns.