Unha lectura de Si a vernos, Marica, nantronte viñeras, á luz de novos datos

Descarga PDF (Tamaño 2 MB)

Autor

M.ª dos Anxos García Fonte, I.E.S. Fraga do Eume
anxosgarciafonte@gmail.com

Henrique Sanfiz Raposo, Radio Fene e Radio Fusión
hsanfiz@gmail.com

Resumo

O poema Si a vernos, Marica, nantronte viñeras ofrece a posibilidade de reflexionar sobre o rendemento estilístico das voces poéticas na poesía de Rosalía de Castro e de comparar o tratamento do tema da romaría na súa obra e noutras da tradición poética galega, tanto contemporáneas como anteriores. Ademais ofrécense datos que avalan que a festa á que se refire o poema é a do Seixo (Mugardos) e apúntase a posibilidade de que a autora visitase esta localidade para asistir á festa,  do mesmo xeito que aconteceu coa romaría da Virxe da Barca.