Unha carta de Manuel Murguía a Rosalía de Castro

Descarga PDF (Tamaño 3 MB)

Autor

Diego Rodríguez González, Fundación Barrié
drodriguez@fbarrie.org

Resumo

Procedente do legado de Víctor Said Armesto acollido na Fundación Barrié, o autor rescata unha carta de Murguía a Rosalía co interese de ilustrar a relación intelectual de Murguía con Rosalía e por achegar datos sobre as dificultades da familia e a precariedade económica na que dous dos autores máis importantes da refundación da cultura galega desenvolveron o seu traballo.