Sobre a recepción e fortuna crítica do chamado “Conto gallego” de Rosalía de Castro

Descarga PDF (Tamaño 2 MB)

Autor

Carme Fernández Pérez-Sanjulián, Universidade da Coruña
carme@udc.gal

Resumo

O denominado “Conto Gallego”, único exemplo de prosa narrativa galega de Rosalía de Castro, foi considerado durante anos un texto de dubidosa autoría, en parte polos problemas ligados á súa problemática difusión, o que provocou un certo silencio bibliográfico e que fose un texto escasamente estudado. No artigo ofrécese unha completa revisión das valoracións e lecturas que sobre el se teñen feito, como exemplo da reavaliación crítica a que foi submetida a obra rosaliana nos últimos trinta anos.