Autor
Xosé Luis Axeitos,
director.follasnovas@rosalia.gal
Resumo
No discurso político iberoamericano o concepto España, asociado á Monarquía, tivo un carácter monolítico e unitario que tardará moitos anos en quebrarse e que dificultará a percepción doutras realidades culturais nacionais como a galega. Esta visión dificultará a visibilidade de Galicia e non permitirá albiscar e ler outra realidade ata que os movimentos independistas que se suceden ao longo do século XIX se preocupen pola súa propia identidade cultural e política…