Resumo
A autora amosa un senlleiro testemuño epistolar, unha carta de Alfredo Vicenti a Manuel Murguía que ilustra un aspecto que non é descoñecido para quen se teña achegado con algunha curiosidade á biografía de Rosalía de Castro, en concreto á súa patobiografía, pois de enfermidades trata o documento.