Resumo
Poema de Alexandre Nerium (Fisterra, 1960), pseudónimo de Manuel López Martínez, unha das voces máis singulares do panorama poético galego actual. Malia ter vivido sempre na súa vila natal, afastado dos círculos literarios, a súa voz potente chéganos, inconfundible, coma se se tratara dunha carta mariña que nos guía pola vida. Abonda a lectura do seu poemario Nocturnidade do Sal (2008) para decatármonos que o mar é para o poeta unha especie de refuxio ontolóxico que se nos vai revelando con palabras fatigadas polas ondas e polos límites.