Rosalía de Castro, póstuma

Descarga PDF (Tamaño 1 MB)

Autor

Fernando Cabo Aseguinolaza, Universidade de Santiago de Compostela
fernando.cabo@usc.es

Resumo

O artigo parte dos poemas da serie última de En las orillas del Sar para considerar algúns aspectos da noción de posteridade na obra da súa autora. Expón, en concreto, a conexión estreita entre as concepcións da posteridade reflectidas textualmente e as percepcións subxectivas das posicións ocupadas nun determinado campo literario, particularmente no ronsel das formulacións románticas sobre a sorte póstuma dos poetas. Neste sentido, semella pertinente a consideración destes poemas como un bordo extremo na obra de Castro…