Autor
María de los Ángeles Rodríguez Fontela, Universidade de Santiago de Compostela
rodriguez.fontela@usc.es
Resumo
A fotografía de Rosalía de Castro, progresivamente decantada á imaxe do seu rostro, revélase como un salientable alicerce nos procesos de mitificación e rostrificación da iconograf ía rosaliana. A segunda parte do título deste ensaio ten así unha dobre dirección temática: a foto axuda a crear o mito, e o mito potencia e renova a imaxe do ser que «unha vez foi». A palinxénese visual da autora de Follas Novas representa o continuo fluír –vida e memoria– dun rostro ancorado na súa existencia, revitalizado dentro e fóra do seu territorio, e retornado á terra na que vive con e pola palabra poética.