Rosalía de Castro: intentos de asasinato durante a Guerra Civil (1936 – 1939)

Descarga PDF (Tamaño 1 MB)

Autor

Aurora López, Universidad de Granada
auroral@ugr.es

Andrés Pociña, Universidad de Granada
apocina@ugr.es

Resumo

A sublevación militar-fascista, que sumiu España nos catro terribeis anos da chamada Guerra civil, e despois na interminable ditadura conseguinte, tivo sempre un propósito firme de acabar coas obras literarias de Rosalía de Castro, que tiña merecidamente acadado un recoñecemento como representante dunha Galiza distinta, con linguaxe propia, mesmo independente do resto do estado español. Recollemos neste artigo, por orde cronolóxica, a documentación gráfica que atopamos sobre o tratamento de Rosalía nos anos 1936 a 1939.