Autor
Olivia Novoa Fernández, Ciac - Universidade do Algarve
onfernandez@ualg.pt
María Jesús Botana Vilar, Ciac - Universidade do Algarve
mjvilar@ualg.pt
Resumo
O 4 de agosto de 1954 foi inaugurada a escultura de Rosalía de Castro que preside a praza da Galiza do Porto, un acontecemento importante no que participou Gala Murguía Castro, alén de personalidades de ambos países. Destacado nos xornais e polo noticiario cinematográfico Imagens de Portugal, as imaxes en movemento transpórtannos até a celebración. A partir delas e dos textos publicados co gallo da inauguración, as autoras reconstruen o lugar que ocupa esta memoria en pedra da poeta galega en Portugal.
