Resumo
Os autores fan un estudo da situación do ceo no tempo do nacemento de Rosalía, aguilloados por lle dar sentido a uns versos de “Do intimo” de Follas Novas que din “Ou ti!, roxa estrela / que din que comigo / naciche…”. Na súa escintilante hipótese, dándolle sentido astronómico ao poema, teorizan que esa estrela vermella ben podería ter sido a conxunción de Marte e Xúpiter nunha posición das máis cercanas á terra que é posible. E documentan que esa situación se produciu na realidade.