Os astros son innúmeros (e agora hai un que se chama Rosalía)

Descarga PDF (Tamaño 2 MB)

Autor

Martin Pawley, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Resumo

A estrela Rosalíadecastro é unha anana amarela parecida ao noso Sol. Para sermos precisos, un pouco maior: ten 1,21 veces a masa do Sol e o seu radio é tamén 1,49 veces máis grande. Está a 240 anos luz de nós, na zona do ceo que corresponde á constelación de Ofiúco, o Serpentario, próxima á estrela Marfik. Aínda que se ve durante moitos meses do ano, o verán é o momento idóneo para contemplar esta constelación, pois asoma a boa altura xa nas primeiras horas da noite.