O Rexurdimento a cabalo da República e Restauración (1873-1890)

Descarga PDF (Tamaño 1 MB)

Autor

Xurxo Martínez González,

Resumo

Analízase o impacto no Rexurdimento da queda da I República que trouxo consigo tres importantes consecuencias no escenario político: o regreso da monarquía, a configuración de España como unha nación única e a aparición do rexionalismo. Todo isto afectará na concepción do valor das linguas como elementos identitarios e ao discurso político-cultural pois o idioma pasa a ser o elemento central do debate identitario.