Autor
Xosé Luís Axeitos,
director.follasnovas@rosalia.gal
Resumo
De todos os correspondentes epistolares de Murguía ocupa cuantitativamente o editor Soto Freire un lugar destacado. É autor dun total de 64 cartas escritas entre 1865-1868 ás que temos que engadir outras dez que remite a Rosalía. Malia esta singularidade consideramos que o perfil intelectual do editor de Lugo que transmiten as cartas non se corresponde co importante rol que desempeñou na elaboración do discurso historiográfico de Murguía e da cultura galega en xeral.