O diálogo de María Xosé Queizán e Rosalía

Descarga PDF (Tamaño 2 MB)

Autor

Manuel Forcadela, Universidade de Vigo

Resumo

Se hai un significante, unha palabra, que teña adquirido máis e máis significados, ao longo dos últimos cento cincuenta anos da lingua e da cultura galegas, ata converterse nunha pura exhalación, esa palabra é Rosalía. Muller inquieta e inquietante a un tempo, percorreu a súa idade coa ousadía dos xenios e soubo estar alerta a todas as alarmas, a todos os sinais que daban conta dun tempo novo, un tempo que ela soubo prever, visionaria, máis libre, máis galego, máis de muller.