Autor
Xosé Luís Axeitos, Director da Revista Follas Novas
xlaxeitos@gmail.com
Resumo
Reproducimos unha misiva do administrador do Diario de la Marina (A Habana), Juan G. Pumariega, á Real Academia Galega. É unha carta de pésame pola morte de Murguía, que alén da condolencia serve de testemuño da doazón que o Sr. Pumariega fixera a Murguía do derradeiro artigo escrito por Curros. As doce cuartillas autógrafas do escritor galego son, tal como confesa o xeneroso doador, de gran valor moral, unha xoia que Pumariega custodiou durante catorce anos ata que decidiu enviarllas a Murguía.