Música para “A Rosalía”, poema de Rey Soto

Descarga PDF (Tamaño 1 MB)

Autor

Margarita Viso,

Resumo

A musicóloga Margarita Viso , compositora e investigadora, colabora con Follas Novas dende o primeiro número. Amais de honrar Follas Novas cos seus traballos, regalounos momentos de intensa emoción como cando interpretou a Alborada no piano familiar enchendo a horta da Matanza de lembranzas rosalianas. Hoxe publicamos un poema de Rey Soto, dedicado a Rosalía, musicado pola nosa colaboradora.