Autor
Raúl Veiga,
correoveiga@gmail.com
Resumo
No filme para TV Contou Rosalía, temos unha imaxe fiel de Rosalía de Castro, a escritora que foi capaz de unir a emancipación das mulleres, da Galiza e da humanidade enteira na súa escrita solidaria e no seu pensamento radical. Este artigo analiza o deseño global do filme e as vías nel utilizadas para se aproximar á vida e á obra da cantora.