Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos de María Pilar García Negro

Descarga PDF (Tamaño 605 KB)

Autor

Diego Rivadulla Costa, Universidade da Coruña

Resumo

Di o autor:  “A intensa e prolongada dedicación de María Pilar García Negro  á obra da escritora fundacional da literatura galega contemporánea é a razón de ser de Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos, libro que vén de editar o Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña e co que o Grupo de Investigación Lingüística e Literaria da UDC quixo homenaxear á eminente especialista. Trátase dunha antoloxía composta de quince traballos de natureza diversa, dez artigos e cinco capítulos de libro, publicados entre os anos 1980 e 2022, que ofrecen unha visión de conxunto da imprescindíbel contribución ao coñecemento da figura e da obra de Rosalía de Castro…”