Falta um capítulo em El Caballero de las botas azules. Ricardo Carvalho Calero

Descarga PDF (Tamaño 2 MB)

Autor

Pilar García Negro, Universidade da Coruña. Grupo de investigación ILLA

Resumo

Reproducimos un artigo de Ricardo Carvalho Calero que, con toda probabilidade, é o derradeiro (ou dos últimos) que escrebeu. Foi entregue ao profesor Dr. Luís García Soto en Xaneiro de 1990, poucas semanas antes de falecer. No día 7 dese mes e ano, o escritor recolleu o nomeamento de Fillo Predilecto concedido polo Concello de Ferrol; no 25 de Marzo falecía, en Santiago de Compostela. Para alén desta singularidade, o artigo chama a atención por corroborar, máis unha vez, a obsesión rosaliana do autor.