Autor
Esperanza Piñeiro San Miguel, Catedrática de Historia de IES e directora da publicación Ferrol Análisis
esperanzapineiro@edu.xunta.gal
Resumo
Con motivo da homenaxe en Ferrol a Benito Vicetto no seu bicentenario, localizouse o seu arquivo persoal que contén documentación inédita con parte do seu epistolario. Hai cartas a Benito Vicetto remitidas por numerosos intelectuais coetáneos, entre as que destacan as de Manuel Murguía, que axudan a comprender as relacións existentes entre eles e con outros esgrevios galegos.
