Autor
Pilar García Negro, Universidade da Coruña. Grupo de investigación ILLA
maria.pilar.garcia@udc.gal
Resumo
O centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán merece unha aproximación, de novo, á súa obra e á súa personalidade. Este artigo propón unha serie de temas de debate abordados desde a súa terra de orixe, a Galiza. Un deles, principal, é xustamente a súa concepción da mesma, a súa aspiración irrenunciábel a triunfar na literatura española e, a partir de aquí, a súa desestima pola literatura galega expresada en galego con vocación universal, como a realizada por Rosalía de Castro…