Églogas comunais. As paisaxes fundacionais de Rosalía de Castro como lugares de memoria (1863-1884)

Descarga PDF (Tamaño 2 MB)

Autor

Germán Labrador Méndez, Princeton University
labrador@princeton.edu

Resumo

Dende o século XIX, poetas e artistas traballaron os vínculos entre nación, territorio e capital a través da definición estética das paisaxes nacionais. As paisaxes de fundación eran arquivos dunha memoria e identidades colectivas, hoxe ameazadas pola eco-crise global. E eran tamén ámbitos de tensión entre as novas formas de explotación da natureza propias do capitalismo e os réximes de xestión do territorio tradicionais da cultura labrega. Neste contexto, Rosalía de Castro será a poeta fundadora da comprensión cultural da Galicia moderna, fixando unha poética para a súa paisaxe…