Do xenio nacional ó criterio filolóxico. Algúns apuntamentos sobre a literatura galega no Rexurdimento

Autor

Xurxo Martínez González, Concello de Redondela

Resumo

Estudo de varios artigos xornalísticos, publicados en La Oliva e El Museo Universal, nos cales Manuel Murguía propón un modelo e concepto de literatura galega. Para isto parte dun duplo traballo (historiográfico e cultural) no cal constata a existencia dun volksgeist que será preludio da aplicación do criterio filolóxico.