Autor
Anxos García Fonte,
anxosgarciafonte@gmail.com
José André Ponte da Luz Martins de Sousa,
daluz.lethes@gmail.com
Resumo
Conxunto de dous artigos “A luz do seu rostro” de Mª dos Anxos García Fonte e “Um Retrato na Penumbra” de José André Ponte da Luz Martins de Sousa que son o resultado dunha investigación conxunta dos autores con motivo do descubrimento dun retrato de Rosalía de Castro realizado por José de Brito, exposto no Museu de Artes Decorativas de Viana do Castelo:
Nestes traballos, os investigadores tentan esclarecer e interpretar as circunstancias que rodearon a execución e conservación do retrato, poñéndoo en relación coa historia das relacións culturais entre Galicia e Portugal nas primeiras décadas do S. XX e coa importancia do Instituto Histórico do Minho no establecemento de ligazóns de colaboración entre institucións e personalidades significativas a un e outro lado da fronteira do Miño.