Avances nos estudos rosalianos: silencios e reticencias

Descarga PDF (Tamaño 4 MB)

Autor

Francisco Rodríguez,

Resumo

Sinálanse os grandes avances producidos nos últimos trinta anos na análise e interpretación do sentido da obra rosaliana, indicando os de maior interese, así como a configuración dunha imaxe máis real da autora. Porén, resultan sintomáticas as reticencias, ambigüidades, silencios ou censuras que, moitas veces, seguen a caracterizar os discursos académicos para manteren Rosalía e a súa obra nunha vaguidade nebulosa fronte ás evidencias.