As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía á luz do conservado no fondo Said Armesto

Descarga PDF (Tamaño 3 MB)

Autor

Diego Rodríguez González, Fundación Barrié
drodriguez@fbarrie.org

Resumo

O Cartafol SA-2 conservado na Fundación Barrié acredita a autenticidade da colección Murguía de cantares e romances e achega material inédito de singular importancia para a literatura popular de Galicia. O repaso dos datos biográficos en relación coa recollida de poesía popular permite descubrir aspectos descoñecidos na vida de Rosalía como a enfermidade de 1863 que explica unha interrupción na produción artística que puido de ser definitiva. O traballo propón un novo punto na cartografía rosaliana: Breamo, o monte que preside a Ría de Ares.