Autor
Aurora López, Universidade de Granada
auroral@ugr.es
Andrés Pociña, Universidade de Granada
apocina@ugr.es
Resumo
No artigo que publicamos no número 1 desta Revista, “Últimas tendencias na bibliografía de e sobre Rosalía”, faciamos diversas reflexións sobre a importancia que ten na investigación rosaliana o aspecto bibliográfico, tendo en conta a inmensa cantidade de traballos de todo tipo que existen, bons e malos, orixinais ou plaxiarios, indispensábeis ou rexeitábeis. Por un monumental (repetindo a calificación que tivo a ben darlle Domingo García Sabell) proxecto de bibliografía total, comentada e resumida, de e sobre Rosalía, comezou hai moitísimos anos a nosa achega á vida e obra desta gran muller, que ten un cuarto de seu una nosa casa[1], e de carácter bibliográfico foron os traballos cos que falamos por primeira vez en público sobre ela.[2] Despois foron moitos os traballos que lle dedicamos, non so de contido bibliográfico, pero cada vez máis nos percatamos do difícil que resulta investigar sobre Rosalía debido ao risco de ter que camiñar polo espeso bosque da súa bibliograf ía.