Resumo
A Fundación vén de abrir un proceso de subscrición popular co espírito colaborativo que está na xénese da Casa de Rosalía. Non é só unha cuestión económica. Trátase de implicación e colaboración, de reafirmar a independencia da entidade, de facer valer o apoio das xentes comprometidas co país e coa súa cultura (amigas, protectores e mecenas) e polo tanto de construír desde a base e a raíz, coa solidez dos proxectos que nacen de xeito comunal.