Autor
Xosé Luís Axeitos,
director.follasnovas@rosalia.gal
Resumo
Coa inmediata publicación do tomo III de Cartas a Murguía (1886-1922) e das cartas familiares no seu conxunto teremos oportunidade de poder estudar o corpus documental epistolar publicado máis importante, cuantitativamente alomenos, da cultura galega. Son un total de case dúas mil cartas que constitúen un monumental epistolario con capacidade para ilustrar, entre outros temas, o ambicioso proxecto cultural que animaba o traballo conxugal, encamiñado a construír o país.