A Rosalía de Castro de Luisa Carnés

Descarga PDF (Tamaño 1 MB)

Autor

Ariana García González, Universidade da Coruña
a.garciag@udc.gal

Resumo

En maio do ano 2018 reeditouse a esquecida Rosalía de Castro. Raíz apasionada de Galicia (1945), unha das obras da etapa do exilio mexicano da escritora Luisa Carnés (Madrid, 1905 – México, 1964). Esta publicación trae consigo un interese duplo, xa que, por unha banda, Carnés está a ser fortemente reivindicada como novelista: non hai máis que comprobar o éxito editorial que gozou a reaparición, no 2016, da súa Tea Rooms. Mujeres obreras. Por outra, o rescate dun texto practicamente descoñecido sobre unha figura como Rosalía de Castro non pode senón, cando menos, chamar a atención e espertar curiosidade…