Autor
Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, Universidade da Coruña / Director da Cátedra de Memoria Histórica da UdC / Director de "Murguía, Revista Galega de Historia".
Resumo
A proxección mediática de Manuel M. Murguía en Galiza e na emigración, a través da que seguir a pegada da súa transición como creador literario a historiador nacional. Nesa conversión, o punto de inflexión sitúase na edición da súa Historia de Galicia. Murguía sería a máxima figura do movemento patriótico galego desde o último terzo do s.XIX.