Resumo
Eu veneraba a Rosalía, e así sigo facéndoo dende neno. O que non obstou pra que fixera meus aqueles versos de Pimentel: «Non convén chorar máis, / ela chorou por todos e pra sempre./ Calemos» de xeito que cando o chorado Agustín Sixto Seco me propuxo –nuns tempos moi difíciles pra min en razón de causas que xa non paga a pena recordar– formar parte do Padroado Rosalía de Castro, como membro do consello asesor […] Acabei dimitindo…