A Malenconía de Brañas-Lens en homenaxe a Rosalía

Descarga PDF (Tamaño 2 MB)

Autor

Margarita Viso Soto,

Resumo

É moi posible que a idea de escribir esta canción xurdira algúns anos antes da súa publicación. Enrique Lens Viera e Alfredo Brañas Menéndez tiñan amizade e participaran activamente na translación dos restos mortais de Rosalía. Brañas como destacado membro da Asociación Regionalista Gallega que era a promotora da iniciativa, e Enrique Lens como un dos músicos colaboradores. Na translación ao longo das rúas de Santiago houbo manifestacións musicais de diversas agrupacións, como detalla a prensa (La Patria Gallega 30 de maio de 1891)…