A letra de Rosalía: Bases para a súa identificación

Descarga PDF (Tamaño 3 MB)

Autor

Diego Rodríguez, Fundación Barrié
drodriguez@fbarrie.org

Resumo

A comparación entre os documentos en dúbida e un estándar ben definido, baseado nas mostras indubitadas da escritura dunha persoa determinada é o único xeito de verificación da autoría material dos manuscritos.

Neste artigo desenvolvemos un estándar para a escritura de Rosalía reducindo os indubitados aos que non ofrecen dúbida de ningunha clase. A aplicación deste estándar lévanos a rexeitar varias atribucións ao mesmo tempo que nos permite achegar novas mostras da súa escrita.