Resumo
A familia Murguía Castro residiu na Coruña entre 1871 e 1875. Posteriormente, xa falecida Rosalía, Murguía e os seus fillos viviron tamén na cidade desde 1894 ata 1964, ano no que faleceu Gala, a derradeira representante da estirpe. O sentir cidadán polas figuras de Rosalía e de Murguía plasmouse en diversas ocasións e en diversos ámbitos, mais A Coruña aínda non saldou a débeda histórica co monumento que a Rosalía lle debe que nunca se chegou a materializar axeitadamente.
