Autor
María Pilar García Negro, Universidade da Coruña
maria.pilar.garcia.negro@udc.gal
Resumo
No ecuador da década dos sesenta do século XIX, Rosalía de Castro publica dúas pezas en prosa, “El cadiceño” e “Las literatas” (1865-1866), fundamentais na súa produción toda. Se a primeira vai supoñer unha lúcida e pioneira achega ao macro—drama da emigración galega e dos seus nocivos efeitos no interior do país, a segunda é unha maxistral definición do papel social e do perfil biográfico como escritora galega. Ambos textos manteñen toda a súa vixencia e atractivo.