Sobre o “outro” Códeo

Descarga PDF (Tamaño 5 MB)

Autor

María Pilar García Negro, Universidade da Coruña

Resumo

“El Codio” rosaliano (Lugo, 1864) non chegou a ver a luz no Almanaque de Soto Freire, a causa da represión eclesiástica que se desatou após o simples anuncio da súa publicación naquela revista. En 1878, en El Heraldo Gallego (fundado e dirixido por Lamas Carvajal en Ourense), aparece un “Códeo” (conto-crónica) asinado por Leopoldo Castro, con toda a probabilidade un pseudónimo-comodín deste periódico. Este “Códeo” contén algúns elementos temático-estilísticos que o emparentan con outras prosas rosalianas. Mantense, malia estes indicios, a incógnita da autoría real deste “Códeo” ourensao.